Ourense —tamén coñecida como Auriabella—, ten a súa orixe na zona onde hoxe se atopa a praza Maior, a Barreira, a rúa Cervantes e as Burgas, en definitiva, onde inicialmente se atopaba o foro romano. Ese territorio de augas quentes, verdadeira encrucillada de vías, augas e ríos, deu lugar ao núcleo de poboación que hoxe é Ourense. Neste libro titulado A praza de Auriabella o seu autor, Jesús Fernando Román Alonso, estuda esencialmente as construcións existentes na súa praza Maior, analiza cada unha das súas fachadas, as entidades públicas e privadas existentes, os personaxes que nela moraron, as feiras alí desenvoltas dende hai máis de novecentos anos e os negocios que nela se instalaron… En definitiva, describe a historia desta praza, núcleo histórico da nosa cidade e escenario de acontecementos determinantes para a veciñanza ourensá das distintas etapas históricas.
Ficha técnica
Editorial: Dip. Prov. de Ourense
ISBN: 9788416643783
Idioma: Gallego
Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/03/2026
Año de edición: 2026
Plaza de edición: Es
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A PRAZA MAIOR DE AURIABELLA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!