Hai quen oíu cantar o cervo. E sentiu o paso do unicornio. E viu saír a lúa do pozo. E coñeceu a existencia dos trevos de sete follas. Destas e moitas outras cousas fala este fermoso canto poético á infancia. Se a poesía é irmá da música, estes poemas, de ritmo tan marcado, son un cántico á maxia, á fantasía e á imaxinación dos nenos e nenas. Escritos polo poeta e escritor Xavier Seoane, están magnificamente ilustrados por un dos máis recoñecidos artistas galegos do noso tempo, Xavier Correa Corredoira, que soubo traducir os poemas en imaxes de alta creatividade, beleza e lirismo.
Iris y Luna. Cuidadoras de cachorritos mágicos
Una serie ilustrada a dos tintas para primeroslectores que empiezan a leer solos amantes de la magia y los animales.
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.