map Librerías

📗 Libro en gallego CORRESPONDENCIA 1965-2014

Editorial Galaxia, S.A.- 9788411764063

Estudios literarios Epistolarios

Sinopsis de CORRESPONDENCIA 1965-2014

A través destas cartas, entre Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, cheas de erudición lingüística, con especial interese das redactadas por Neira Vilas desde A Habana, complementarias de conversas persoais entre os dous autores, ofrécese mostra da intensa relación que houbo entre eles, de par que se amosa moito do pensamento de Neira sobre o marxismo e a revolución cubana, así como a súa achega á galeguidade na illa caribeña.

El festín de la palabra (Rosa Navarro Durán)

Veinte lecciones vitales de nuestros clásicos, más actuales que nunca, comentadas por una de las mayores expertas en literatura hispánica.

Ver libro

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788411764063

Idioma: Gallego

Número de páginas: 774
Tiempo de lectura:
18h 35m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/04/2025

Año de edición: 2025

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Memoria
Número: 55
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 3.8 cm
Peso: 1084.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Alonso Montero y Xosé Neira Vilas


Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).
Descubre más sobre Xesús Alonso Montero
Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Descubre más sobre Xosé Neira Vilas

Opiniones sobre CORRESPONDENCIA 1965-2014


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos de Epistolarios