Naceu en Calvelo (Zorelle - Maceda/Ourense) o 23 de decembro de 1947. Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras. Ingresou no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola, e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente ata 1971, data na que se trasladou a Galicia. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008, foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega. Está casado coa escritora Ana María Fernández.
Recibe novedades de Xoan Babarro Gonzalez directamente en tu email