map Librerías

Yolanda Castaño


Yolanda Castaño
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica - Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014), o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador», na illa de San Simón. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país, por toda Europa e América, ademais de Tunisia, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesía e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía, téndose traducido en parte a máis de quince linguas. Autora multipremiada (Premio da Crítica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009, Premio Fundación Novacaixagalicia, entre outros) Yolanda Castaño conta con sete poemarios individuais entre os que salientan «Vivimos no ciclo das Erofanías», «O libro da Egoísta», «Profundidade de campo», «A segunda lingua», «Materia» (Xerais, 2022; Premio Nacional de Poesía 2023 e Premio da Crítica española 2024) ou «A falsa autónoma» (Xerais, 2025; Premio Miguel González Garcés 2022). É autora tamén de edicións bilingües destes poemarios para Visor libros, un par de escolmas persoais, algunhas plaquettes e catro libros de poesía infantil, ademais de obras asinadas como editora e tradutora. En 2018 publica «O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético» (Xerais, 2018) e en 2021 escribe «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias» (Xerais, 2021).
Recibe novedades de Yolanda Castaño directamente en tu email

Libros de Yolanda Castaño


Del 1 al 20 de 33
MATERIA

VISOR LIBROS, S.L. 9788498954876

(3)


A FALSA AUTONOMA

Edicións Xerais 9788411105996

Ver más ediciones

MATERIA

Edicións Xerais 9788411101370

Ver más ediciones

BABELIA EN GALEGO

DIP. PROV. DE PONTEVEDRA 9788484573814


A SEGUNDA LINGUA

FUND. CAIXA GALICIA 9788496982642


COLLER AS RENDAS

Edicións Xerais 9788499148069


VERDEDADES

BIBLOS CLUBE DE LECTORES 9788415086376


EN CUNKI

TAKATUKA 9788492696420


FUGA DE LA NADA: 16 PROPUESTAS POETICAS

BOHODON EDICIONES 9788492775262


EROFANIA.TRILOXIA POETICA (1995-1998)

ESPIRAL MAIOR 9788492646180


XELA QUIXO SER ELA. BIOGRAFIA DE XELA ARIAS

Edicións Xerais 9788491219026


SEMENTES VIAXEIRAS

EDICIONS EMBORA 9788417824051


DELICIA

ESPIRAL MAIOR 9788489814387


VIVIMOS NO CICLO DAS EROFANIAS

ESPIRAL MAIOR 9788489814578


EDENICA (INCLUYE CD)

ESPIRAL MAIOR 9788489814899


PROFUNDIDAD DE CAMPO

VISOR LIBROS, S.L. 9788498957211


VIVIMOS EN EL CICLO DE LAS EROFANIAS (ED. BILINGUE)

HUERGA Y FIERRO EDITORES 9788483741658


A FALSA AUTONOMA (EBOOK)

Edicións Xerais 9788411106023

Ver más ediciones

LIBRO DE LA EGOISTA

VISOR LIBROS, S.L. 9788475227474


PUNANO

TAKATUKA 9788492696413


Del 1 al 20 de 33