PREMIO BLANCO AMOR 2020
A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do“mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.
A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.
Tres historias que exploran la intimidad, la memoria y las sombras que nos habitan
Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega. En Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017); nesta colección, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (Costa Oeste, 2017) e A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa); A compañía Clandestina de Contrapublicidade (Literaria, 1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022) e Lobos nas illas (2024), entre outros.