map Librerías

📗 Libro en gallego BACORIÑO

Edicións Xerais- 9788497822152

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de BACORIÑO

O porco Bacoriño vive sentado no cumio da Croa do Medulio. Bacoriño, que sempre foi un porco rebuldeiro e infatigable, está canso, moi sufocado, por que acaba de correr sete parroquias escapando dos seus verdugos que o tiñan setenciado a morte sen xulgalo. Mais, Bacoriño sabe que ten o seu destino escrito: os matachíns deben cumprir co rito e sacrificalo o día do seu patrón, o dezasete de xaneiro, Santo Antón Lacoeiro. Bacoriño non é un porco normal: fala, discorre e cavila como calquera persoa. Razóns pola que Bacoriño non acepta conformarse co seu destino e emprenderá unha desternillante aventura.Unha novela de humor de Antonio Reigosa no que destaca a súa espléndida linguaxe e unha excelente integración da historia coa pervivencia da cultura tradicional. Andrés Meixide humanizou a este personaxe coas súas divertidas ilustracións.

Fenómeno K-Pop en los libros



Ficha técnica


Ilustrador: Andrés Meixide

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497822152

Idioma: Gallego

Número de páginas: 136

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 29/09/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Número: 14
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 226.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Antonio Reigosa


Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.
Descubre más sobre Antonio Reigosa
Recibe novedades de Antonio Reigosa directamente en tu email

Otras sagas o series que te pueden interesar



Opiniones sobre BACORIÑO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos de Literatura 10 a 12 años