map Librerías

Antonio Reigosa


Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.
Recibe novedades de Antonio Reigosa directamente en tu email
Del 1 al 20 de 41
O aprendiz de home do saco

Edicións Xerais 9788499144849


A NOITE DOS PESADELOS

TAMBRE 9788488681485


DICCIONARIO DOS SERES MITICOS GALEGOS

Edicións Xerais 9788497828697


Guía ilustrada da Galicia invisible

Edicións Xerais 9788499141626


CONTRAHISTORIAS DE GALICIA

EDICIONS EMBORA 9788417824273


BACORIÑO

Edicións Xerais 9788497822152


O galo avisado e o raposo trampulleiro

Edicións Xerais 9788497820585


CONTOS PRODIXIOSOS I

Edicións Xerais 9788497821148


CONTOS DE ENCANTAMENTO I

XERAIS 9788483028667


CANDO OS ANIMAIS FALABAN: CEN HISTORIAS DAQUEL TEMPO

Edicións Xerais 9788483029077


ARREPIOS E OUTROS MEDOS: HISTORIAS GALEGAS DE FANTASMAS E DE TERR OR

Edicións Xerais 9788497821940


RESALGARIO

XERAIS 9788483026250


CONTOS DE ENCANTAMENTO II

XERAIS 9788483028674


CONTOS FANTASTICOS I

XERAIS 9788483026755


CONTOS DE MAXIA I

XERAIS 9788483025109


CONTOS FANTASTICOS II

XERAIS 9788483026762


CONTOS DE MAXIA III

Edicións Xerais 9788483025529


CONTOS MARABILLOSOS (4 LIBROS)

XERAIS 9788483025444


MEMORIAS DUN RAPOSO (4ª ED.)

XERAIS 9788483023334


CONTOS MARABILLOSOS II (2ªED)

Edicións Xerais 9788483023297


Del 1 al 20 de 41