Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva. Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo do milenio: a tolemia. En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso.INDICACIÓNS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súa ansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nas discusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nos ciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nas discusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias.Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva. Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo do milenio: a tolemia.En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso.INDICACIÓNS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súa ansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nas discusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nos ciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nas discusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483025468
Idioma: Gallego
Número de páginas: 208
Tiempo de lectura: 4h 54m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/01/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 328.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Fran Alonso
Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995-Xerais, 2014), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), «Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011), «Poemas birollos para ler cos ollos» (Xerais, 2016), «Terraza» (Xerais, 2017), «Transición» (libro-CD, 2011) e «Véndoche un poema» (2025). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil «Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.
Recibe novedades de Fran Alonso directamente en tu email
Reseñas sobre Males de cabeza
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
3
1 Reseña
5 0
4 0
3 1
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
1 reseña
C
CASTRO-R Castro Rodríguez
|hace 18 años
Es un libro contemporáneo de relatos breves en los que se plasma junto con el carácter poético del autor situaciones que por desgracia hoy en día pueden y llegan a ocurrir. lo recomiendo