Entrega en 1 día para las grandes poblaciones de España península y Baleares; para otras zonas o núcleos urbanos más pequeños puede demorarse 2-3 días. La disponibilidad únicamente se refiere a productos vendidos por casadellibro.com, y el cobro de tu pedido se realizará en el momento de su envío
Os Animais de Fraguas recolle o diálogo entre o texto de Antonio Fraguas Fraguas e as imaxes de Miguelanxo Prado , arredor da extraordinaria importancia da presenza e das crenzas sobre os animais na cultura tradicional galega .
Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é autor de banda deseñada, pintor e ilustrador.É director de Viñetas desde o Atlántico, o salón anual de cómic da cidade da Coruña. É autor dos seguintes libros: Fragmentos de la enciclopedia délfica (1985), Sratos (1987), Quotidianía Delirante (1988), Crónicas incongruentes (1990), El manantial de la Noche (Manuel Montano), guión de F. Luna (1990), Quotidanía Delirante II (1990), Páxinas Crepusculares (historias inducidas) (1993), Trazo de tiza (1993), Pedro e o lobo (1994), Unha carta atopada en Lisboa (1995), La ley del amor, novela de Laura Esquivel (1995), Tangencias (19959, Quotidanía delirante III (1996), Fantasmagories (2000), Quotidanía delirante, antoloxía (2003), Belo Horizonte (2003) e Contos de nadal, sobre relatos de Manuel Rivas (2003). Ten ilustrados, entre outro, libros de X.L. Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Ramón Caride, Manuel Rivas, Tucho Calvo, Marilar Aleixandre. Os seus traballos foron publicados tamén en La Voz de Galicia, Tempos e El Dominical. Creador da mascota e do contorno gráfico do Xabarín Club, da serie de animación Os vixilantes do Camiño, así como de personaxes da serie de animación Homes de Negro (Men in Black) para Columbia Pictures. Polo seu traballo recibiu numerosos premios internacionais.