Verlioka
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 15,10 €
Libros de texto 2026-2027
Reserva ya sus libros de texto para el próximo curso.
Sinopsis
A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Propp. Verlioka é un exercicio de estilo, rexido por normas e regras arquetípicas;en concreto, esta versión toma prestados aspectos da tradición oral para crear a trama narrativa. Animais e humanos cooperan, enfróntanse ás adversidades, para, finalmente, obter a vitoria.
Noutras versións, as axudas proceden de elementos que aparecen no camiño do avó (corda, muíño de auga, forno, landra…), obxectos máxicos ligados á cultura do pobo ruso. Esta versión presenta unha estrutura singular: a colaboración chega dos animais, que aparecen humanizados (falan, axudan, dan consellos) e convértense en compañeiros inseparables, proporcionando tranquilidade, apoio e ata un desabafo para os temores dos máis pequenos lectores. Alén das forzas malévolas do xigante, existe un mundo hospitalario, o do home, quen, coa axuda dos seus astutos e enxeñosos amigos, triunfará de vez sobre o desalmado xigante. As ilustracións xogan co carácter hiperbólico dos personaxes e inciden na faceta humorística do conto. Cun universo de cores intensas, Sergio Mora idea un ambiente que evoca libros antigos e estampas de época, a través do craquelado da imaxe.
Ficha Técnica
Editorial: Oqo Editora
ISBN: 9788498717297
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 01/03/2024
Año de edición: 2024
Especificaciones del producto
Reseñas sobre Verlioka
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Los libros más vendidos de Prelectura y preescritura