Carmen V. Valiña (Baio, A Coruña, 1985) é doutora en Historia Contemporánea, profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) e creadora e directora de PeriFéricas, Escola de feminismos alternativos (www.perifericas.es). Combina a investigación sobre a memoria das mulleres anónimas dos séculos XIX e XX cunha vertente como escritora de ficción onde as lembranzas, o mundo rural e a autobiografía teñen un peso notable. Escribiu e publicou sobre xornalistas españolas en Oriente Medio e sobre as emigrantes da Terra de Soneira en Suíza, pero dende 2021 as mulleres internas no manicomio de Conxo son as protagonistas absolutas da súa obra. En 2024 participou na Residencia Mariñán de Literatura e Pensamento e na Residencia Literaria da Illa de San Simón, que lle serviron para rematar este libro que agora tes entre mans.
Recibe novedades de Carmen V. Valiña directamente en tu email
Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan. As
Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa a marxe: mulleres, aldeas, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as suas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversion de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que Maria envia a sua filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio. En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: "Estou aqui e quero que me escoites". Todas elas regalaronnos a sua mirada a traves das paredes do manicomio e as suas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.
Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulia a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucia e Maria, que renegaron do pai e casaron, mais non foron quen de rachar as cadeas que as unian a el. Coa voz de Lucrecia que renunciou ao seu pelo cor lume por un marido que a abandonou a hora da cea.Mulleres todas elas, Helena, Coral, Lucia, Maria e Lucrecia, unidas para sempre pola fatalidade dunha illa, unha illa da que non podes sair sendo a mesma. PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2025
Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silenci