eBook GALLEGO EPUB con DRM

A nena do abrigo de astracán

-5% de dto. exclusivo web

Léelo en cualquier dispositivo Descárgalo y empieza a leer ya






Tiempo est. de lectura: 9h 32m

Sinopsis

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.
Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida... son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua.
Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, A nena do abrigo de astracán reflicte un mundo que, aparentemente afastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde a toma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa ao seu autor como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.

Léelo en cualquier dispositivo


Ficha Técnica

Editorial: Xerais

ISBN: 9788491212874

Idioma: Gallego

Número de páginas: 400

Tiempo de lectura: 9h 32m

Fecha de lanzamiento: 09/11/2017

Año de edición: 2017

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número: 417

Especificaciones del producto

Escrito por Xabier P. DoCampo

Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña, 2018). Mestre e escritor, é autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: «O armario novo de Rubén» (Xerais 1989); «A nena de auga e o príncipe de lume» (Xerais 1990-2012); «A casa do porco bravo e Roxelio e a couza» (Xerais 1991); «Adelaida, Henrique e demais familia» (1996); «Nube de neve» (2000), «¿Víchela, víchela?» (2001), «Os ollos de Ramón» (2001), «A decisión de Valerio» (Xerais 2005), «O misterio das badaladas» (1986, Xerais 2011), novela; «Cun ollo aberto e outro sen cerrar» (1987), relatos; «A chave das noces» (1988, Xerais 2018), novela; «O país adormentado» (Xerais 1993, 2012), novela; «Cando petan na porta pola noite» (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); «O pazo baleiro» (1997, Xerais 2002), novela; «O home que inventou unha maneira de andar» (1998), novela; «Catro cartas» (2000, Xerais 2020), relatos; «Un conto de tres noites» (Xerais 2001), relatos; «A casa da luz» (Xerais 2002), novela; «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; «A illa de todas as illas» (Xerais 2013), novela, «A nena do abrigo de astracán» (Xerais 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego 2018, e «Contos de obxectos» (Xerais 2021), relatos.
Descubre más sobre Xabier P. DoCampo

Recibe novedades de Xabier P. DoCampo directamente en tu email

Reseñas sobre A nena do abrigo de astracán

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los eBooks más vendidos de la semana

Ver más

*Descuento de 15 euros en el eReader Vivlio Light Zen, válido para pedidos realizados en casadellibro.com del 13 de julio al 2 de agosto y solo para los 300 primeros compradores, hasta fin de existencias.