map Librerías
leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📱 eBook en gallego OS EIDOS - O LIBRO DO COUREL

Noudelo e Ribón- 9788412456332

Poesía Poesía contemporánea española del XIX al XXI

Sinopsis de OS EIDOS - O LIBRO DO COUREL

"Os Eidos" converteuse, xa desde a súa publicación en 1955, nun dos títulos fundamentais da poesía galega do século XX e o paso do tempo non fixo máis que afianzar esa posición indiscutible entre a crítica e entre os lectores. Considerado o inicio dunha corrente que diluía o persoal en favor do común, o libro naceu durante a convalecencia de Novoneyra por unha grave pleuresía, entre 1952 e 1954. Nesa convalecencia –aseguraba o poeta– a súa mirada abriuse a unha percepción directa das cousas, dos seres e da terra, o cal lle permitiu concibir a propia terra como unha forma onde se escribe algo que se nos segue a dicir, sen interrupción. O gran misterio de "Os Eidos" é o de poñernos en contacto cunha memoria profunda.

Léelo en cualquier dispositivo



Ficha técnica


Editorial: Noudelo e Ribón

ISBN: 9788412456332

Idioma: Gallego

Fecha de lanzamiento: 22/05/2026


Especificaciones del producto



Escrito por Uxío Novoneyra


Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930 – Santiago de Compostela, 1999) é un dos grandes nomes da poesía galega contemporánea. Desde a publicación do seu libro Os Eidos en 1955, a súa obra converteuse nun punto de referencia inevitable para a literatura galega. Ademais dese libro, o seu corpus literario componse dos seguintes poemarios: Elegías del Caurel y otros poemas (ed. bilingüe, 1966), Os Eidos-2 (1974), Poemas caligráficos (1979), Os Eidos. Libro do Courel (Xerais 1981, 2010), Muller pra lonxe (1986), Do Courel a Compostela. 1956-86 (1988), Tempo de elexía (1991), Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994), Poema dos Caneiros (1998) e Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas (1999). Así mesmo, é coautor dos libros Camelio xaponés (1995) e Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes (1999). A súa visión da poesía e da súa propia obra déunola en Dos soños teimosos (1998, Xerais 2010). Tamén é autor de tres libros destinados aos lectores infantís: No cubil do xabarín (1991), Gorgorín e cabezón (1992) e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998).
Descubre más sobre Uxío Novoneyra
Recibe novedades de Uxío Novoneyra directamente en tu email

Opiniones sobre OS EIDOS - O LIBRO DO COUREL (EBOOK)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los eBooks más vendidos de la semana

Ver más