Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
As galeras de Normandía, novela de Ramón Loureiro, emerxe da Galicia de Mahiloc, ese territorio máxico chamado Terra de Escandoi, onde é posible o milagre. Á sombra do monte Marraxón, baixo o Río Branco do Firmamento, o país que se estende desde o Mar de Ferrol até o río Eo está habitado por Henrique de Caldaloba, o Príncipe de Dúas Cabezas, e un Merlín Nigromante vello e fanado, soñando a reconstrución da Última Bretaña, a esquecida e irredutible Galicia norte. E, detrás deles, un exército de sombras, máscaras e nomes inidentificables vai construíndo un abraiante universo ficcional, coa súa polifonía de voces de vivos e mortos, a través dun xenial dominio da ironía, do humor e da retranca. E mentres ese país agarda esperanzado pola Flota Normanda, Ramón Loureiro culmina, nesta urdidura narrativa, un inesquecible macrotexto onde ecoan as voces de Cunqueiro, Torrente Ballester e Carlos Casares.As galeras de Normandía, novela de Ramón Loureiro, emerxe da Galicia de Mahiloc, ese territorio máxico chamado Terra de Escandoi, onde é posible o milagre. Á sombra do monte Marraxón, baixo o Río Branco do Firmamento, o país que se estende desde o Mar de Ferrol até o río Eo está habitado por Henrique de Caldaloba, o Príncipe de Dúas Cabezas, e un Merlín Nigromante vello e fanado, soñando a reconstrución da Última Bretaña, a esquecida e irredutible Galicia norte. E, detrás deles, un exército de sombras, máscaras e nomes inidentificables vai construíndo un abraiante universo ficcional, coa súa polifonía de voces de vivos e mortos, a través dun xenial dominio da ironía, do humor e da retranca. E mentres ese país agarda esperanzado pola Flota Normanda, Ramón Loureiro culmina, nesta urdidura narrativa, un inesquecible macrotexto onde ecoan as voces de Cunqueiro, Torrente Ballester e Carlos Casares.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497822664
Idioma: Gallego
Número de páginas: 336
Tiempo de lectura: 7h 59m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/02/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Peso: 502.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón Loureiro
Ramón Loureiro (Sillobre, Fene, 1965), xornalista, compaxina o seu labor periodístico en La Voz de Galicia coa literatura. Toda a súa ficción ten como epicentro a soñada Terra de Escandoi, un territorio a medio camiño entre o mundo dos mortos e dos vivos, ao pé do Atlántico, no Poñente desa Terceira Bretaña que o autor identifica coa Galicia do Norte, entre Mondoñedo e Ferrol. Como narrador, publicou Morgado (1997) e O corazón portugués (2000, finalista do Premio Eixo Atlántico). No 2002 sacou á luz Carlos Casares: nove retratos e unha conversa inacabada, e no 2003 a biografía Carlos Casares. Como fotodocumentalista é autor dos ensaios fotográficos Aceiro sobre a auga (1992) e As Pontes (2003), dedicados ao mundo da construción naval, ás transformacións sociais e ás intervencións na paisaxe das minas de carbón a ceo aberto. No ano 2001 recibiu das Universidades do Minho o Premio Caminhos da Memoria polo seu ensaio fotográfico A escura terra de Escandoi, no que se reflicte, a través de imaxes en branco e negro, o seu particular universo literario. Como conferenciante, interviu en diversos foros, sempre arredor do tema central da súa literatura: a convicción de que «a Terra que aínda ve a Deus nos ollos dos vencidos non é o lugar onde o mundo remata, senón o faro que alumea cantos mundos hai».