No tenemos stock, pero lo pedimos urgente al distribuidor, te lo enviamos en 24h cuando lo recibamos en nuestro almacén, en ocasiones los distribuidores no pueden servirnos el producto, en este caso anularemos el pedido y te informaremos. El importe lo cobramos sólo en el momento en el que hagamos el envío.
Xesús, querido irmán: Ti, que me relevaches no trasfego de lle dar ó zoco, coa carteira ó lombo, polos camiños de Candañedo, Merza e Señorín de Bascuas, ben mereces estas páxinas. De certa maneira es, ou fuches, o Suso neno. Recíbeas, pois, coma un sinxelo agasallo de palabras, que te levarán á nosa primeira andaina. Pepe.
Ficha Técnica
Ilustrador: Kristina Sabaite
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491517535
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Tiempo de lectura: 1h 48m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/10/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Árbore
Árbore
Número: 249
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...