Vítor vai de excursión ó campo cos seus pais. Pero os tres ignoran as sorpresas que han atopar alí. A nova colección "Paseniño" de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.
Adivina cuento te quiero
A veces, cuando queremos a alguien mucho, mucho, intentamos encontrar el modo de describir el tamaño de nuestros sentimientos. Pero como nos muestra esta maravillosa historia, el amor no es algo fácil de medir.
Pasqual Alapont Ramon (Catarroja, 1963) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia. Escritor, editor, guionista, actor e director de escena, ten publicado numerosos libros en catalán: Mitjacua i la sargantana del mar, Premi Enric Valor de Literatura Infantil 1984, escrito colaboración con Antoni Torregrossa; ¡No sigues bajoca (1986), narrativa infantil; ¡Estàs com una moto! (1988), narrativa infantil; ¡Me'n vaig de casa! (1993), narrativa infantil; Pipistrellus pipistrellus, set dies en la vida dun quiròpter, (1994), narrativa infantil; Quin sidral de campament!, (1996), novela xuvenil; Els viatges de Marco Polo (1996), teatro infantil; Alícia, (1997), teatro infantil; Això era i no era, (1998) teatro infantil; Beatrius, (1997)teatro; Currículum, (1998), teatro; Ara sí que thas refredat!, (1998), narrativa infantil; Menjaré bollyc@os per tu, Premio Bancaixa de Narrativa Xuvenil 1999; Tres tristos traumes, (2000), teatro; Un estiu sense franceses, (2000) novela xuvenil; El circ de la fosca, en Umbracles, (2001), teatro; Lovella negra, Premio EDEBÉ de literatura xuvenil 2001, Premi Serra dOr de la Crítica, Seleccionada pola The White Ravens de la Internationale Jugend Bibliothek e traducida para o galego como A ovella negra (2002); Tota dun glop, Premi Joanot Martorell 2002, novela xuvenil; Linfern de Marta (2003), novela xuvenil traducida para o galego como O inferno de Marta (Xerais 2004) e Barrots daurats (2005), novela xuvenil traducida para o galego como Barrotes dourados (Xerais 2007).